Uns 40 novos expertos e expertas na xestión do medio mariño saen das aulas ao mercado labora A Asociación de Oceanógrafos de Galicia asistiu xunto a numerosas autoridades ao acto de graduación da sexta promoción do Grao en Ciencias do Mar da Universidade de Vigo

12 Xuñ Uns 40 novos expertos e expertas na xestión do medio mariño saen das aulas ao mercado labora A Asociación de Oceanógrafos de Galicia asistiu xunto a numerosas autoridades ao acto de graduación da sexta promoción do Grao en Ciencias do Mar da Universidade de Vigo

A Asociación de Oceanógrafos de Galicia participou hai uns días no acto académico de graduación da sexta promoción do Grao en Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, no que arredor de 40 novos profesionais na xestión do medio mariño recibiron a tradicional banda, o pin institucional e o diploma que os acredita como novos egresados e egresadas universitarias.

Jorge de los Bueis representou á Asociación de Oceanógrafos de Galicia na mesa de autoridades, na que tamén estivo presente o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a vicerreitora de Transferencia da Universidade de Vigo, Belén Rubio; a decana da Facultade de Ciencias do Mar, Ana Bernabeu; e os padriños da promoción, Irene Alejo e Emilio Fernández.

Durante a cerimonia, celebrada na Facultade de Ciencias do Mar, todas as autoridades coincidiron en destacar a importancia do Grao en Ciencias do Mar de Vigo e o empeño das institucións para ofrecer unha formación de calidade coa que os novos e novas profesionais poidan enfrentarse ao futuro con total seguridade.

Ante un salón de actos ateigado de familiares e amigos das e dos recentemente graduados, todas as entidades presentes insistiron na súa posta a disposición destas e destes profesionais para axudarlles no seu futuro laboral, xa que lles fixeron a encomenda de converterse nos actores protagonistas da xestión dos océanos nun futuro próximo.