02 Xuñ Proceso selectivo de persoal para o DMO 2016 (CORREXIDO)

AVISO

Debido a modificacións alleas a nós, vémonos obrigados a modificar as condicións da convocatoria de persoal que temos aberta nestes momentos. A actividade celebrarase un só día, o xoves 9 de xuño, en horario de mañá e tarde, a diferenza do previsto inicialmente. Isto fai que se modifique as horas de contrato e por tanto a retribución. Achegamos as novas bases cos cambios resaltados.

Pómosvos ao corrente deste feito coa maior prontitude que nos permitiu a situación, coa esperanza de que non vos xere moito agravio. Ás persoas que xa cumprimentaron o formulario de solicitude, rogámoslles que nos comuniquen si manteñen a súa solicitude de formar parte do proceso ou, á luz dos cambios, prefiren retirarse.

Grazas pola vosa comprensión e rogamos que nos desculpedes as molestias que isto poida ocasionar.

BASES CONTRATACION DMO 2016v2

 

TEXTO ANTERIOR

 

Con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos 2016 a Asociación de Oceanógrafos de Galicia colabora co Campus do Mar e o Concello de Moaña na execución duna actividade de divulgación que terá lugar o xoves 9 de xuño por la mañá e o 10 de xuño por la mañá e tarde. Para a súa realización a AOG abre proceso selectivo para a contratación de 11 monitores de divulgación científica de acordo ás bases que se adxuntan.

 

BASES CONTRATACION DMO 2016

 

Acceder o formulario de inscripción

cartel-dmo