04 Nov Proceso Selectivo Actividades Divulgativas novembro 2016

Nova convocatoria de selección de persoal para varias actividades de divulgación científica nas que participa a AOG.

Os días 14 de novembro (de 8:00 a 15:30 h) o 18-19 de novembro (días completos) terán lugar varias actividades de divulgación para os que abrimos selección de persoal, para a contratación de 3 persoas. Todos aqueles interesados poden inscribirse enchendo o formulario habilitado ao final desta publicación, tendo como prazo máximo ata o luns 7 de novembro ás 23:55 h

Máis información nas bases que se adxuntan:

Bases selección persoal novembro 16

Prazo de presentación concluido.

Resolución

 

Resolución preseleccionados divulgación novembro 2016

Nota: As entrevistas levaranse a cabo na sede da AOG, na Facultade de Ciencias do Mar, Bloque C, planta baixa, no Campus Universitario de Vigo

Resolución definitiva

 

Resolución novembro 2016 definitiva