22 Feb Oceanógrafos de Galicia participa na xornada “O bo uso e o mal uso do mar” Campus do Mar e a Facultade de CIencias da Educación de Pontevedra promoven a 2ª edición da xornada

A facultade de Ciencias de Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, a sección Ciencia, Naturaleza e Sociedade do Concello da Cultura Galega e o Campus do Mar organizan a xornada “O bo uso e o mal uso do Mar”, que pretende realizar un primer acercamento á toma de conciencia da importancia dos océanos para a vida na Terra e da interrelación entre estes e os seres humanos.

No caso de Galicia, os seus casi 1.500 km de costa falan por sí mesmos da sua relevancia. Neste sentido, é urxente que o futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria desenvolva competencias científicas neste campo, destinadas a enseñar competencias básicas o alumnado destos niveis encamiñadas á acción a favor da sostenibilidade dos océanos.

As xornadas abordan diversos aspectos referentes ós usos do mar, mediante conferencias e obradoiros prácticos, tales cómo:

  • Que significa a sostenibilidade dos océanos nun escenario de cambio global?
  • Cáles son os problemas de contaminación das Rías galegas?
  • Cómo se pode realizar unah intervención educativa nas aulas a favor da sostenibilidad dos océanos?

Fuente: Web Campus do Mar: www.campusdomar.es

Nun escenario de cambio global totalmente ligado ós océanos, é de vital importancia que os profesores de educación primaria e secundaria estén formados para introducir nas aulas contidos e valores de sostenibilidade dos océanos

A Asociación de Oceanógrafos de Galicia participa nesta nova edición da xornada, trasladando por un día os obradoiros de “Mergúllate no Océano” ós corredores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.

O 26 de outubro os participantes da xornada participarán en 4 obradoiros de divulgación científica mariña do programa estival de divulgación do Campus do Mar, da man de monitores da Asociación de Oceanógrafos de Galicia. O obxectivo é mostrar actividades interactivas de divulgación mariña que son exportables ás aulas de educación primaria e secundaria dos centros educativos da nosa comunidade.