Misión, visión e valores

QUEN SOMOS

Asociación de Oceanógrafos de Galicia é unha entidade privada sen ánimo de lucro. O ámbito de actuación é a Comunidade Autónoma de Galicia.

O principal fin da Asociación de Oceanógrafos de Galicia (AOG) é representar ós oceanógrafos e defender os seus intereses. Para iso, dende a AOG desenvólvense multitude de frentes de actividad que buscan satisfacer e dar resposta a este colectivo.

A Oceanografía posee unha gran importancia estratéxica nos tempos que vivimos, e máis aínda nunha comunidade como Galicia, históricamente ligada ó mar, cunha gran extensión de costa caracterizada por unha riqueza, diversidade e productividade difícilmente comparábel con outras zonas do país.

MISIÓN

A Asociación de Oceanógrafos de Galicia naceu coa misión de ser a entidade que representa e defende ós profesionais da oceanografía. Visibilizar unha profesión como a de oceanógrafo, dala a coñecer á sociedade, defendela ante as institucions e traballar pola creación dun colexio oficial son a razón de ser desta asociación. Tratamos de estar o máis preto posíbel dos nosos socios, promover accions que melloren as suas opcions, xerar coñecemento na sociedade, presentando ós oceanógrafos como os profesionais do medio mariño, coas súas competencias e capacidades. Somos a maior asociación de oceanógrafos do estado español, e queremos liderar o cambio que leve ós oceanógrafos a ser profesionais recoñecidos en empresas e institucions.

VISIÓN

Creemos no asociacionismo como ferramenta para acadar as metas que nos marcamos como colectivo. Chegar a conseguir que os profesionais da oceanografía compitan no mercado laboral en igualdade de condicions que outros perfís profesionales, acadar un alto porcentaxe de empregabilidade, ocupar os postos clave de xestión litoral e investigación oceanográfica nas administracions, contar cun colexio oficial como órgano público que regule a profesión e levar ós oceanógrafos o estatus profesional que nos corresponde, é o horizonte polo que traballamos. Estamos convencidos de que acadar todo isto é cuestión de tempo, se somos capaces de dar os pasos estratéxicos necesarios, da mano das entidades ligadas á oceanografía no noso país. A oceanografía é unha profesión clave para afrontar os desafíos que depara o futuro.

VALORES

Temos un estilo propio de facer as cousas e estamos moi orgullosos diso. O planteamento que queremos seguir é o de sumar, colaborar, establecer lazos, cun talante aberto e non excluinte. Non creemos nas exclusividades, porque sabemos que o traballo en equipo da mellores resultados. Somos multidisciplinais e integradores, e esa é a nosa principal estratexia para afrontar o futuro con garantías. Non pretendemos apropiarnos de nada, senon reclamar o sitio que nos corresponde como expertos no medio mariño. Entendemos a nosa profesión, a oceanografía, como multidisciplinar do ámbito das ciencias, e os nosos socios contan con perfís e titulacions moi variadas, o que nos enriquece como colectivo. Estamos convencidos de que ésta é a estratexia acertada, integrar en lugar de reclamar cotos exclusivos, competir en meritos e non excluir por titulacions históricas.