Formación

A formación desenvolta dende a AOG busca aumentar a capacidade dos nosos asociados para optar a postos de traballo que exixen formación específica en determinados campos. Nos últimos anos o escenario en materia de cursos de formación complementaria cambiou moito, porque cada vez existe máis oferta de cursos tipo MOOC´s (no presenciais e gratuitos) e cada vez resulta máis difícil conseguir o número de alumnos necesario para levar a cabo cursos presenciais. Debido a todo isto, dende a comisión de formación da AOG estánse buscando e desenvolvendo alternativas que permitan a impartición de cursos de formación non presenciais ou mixtos.

María Calvo Tarrío

Responsábel Comisión de Formación

David Torres Freijeiro

Responsábel Comisión de Formación