Comisions

O traballo na Asociación de Oceanógrafos de Galicia organizase en áreas temáticas a través de grupos de traballo ou comisions, coordinadas por unha ou varias persoas da Xunta Directiva. Os socios e socias interesados en participar poden formar parte de calquera das comisions.

COMISIÓN DE FORMACIÓN

Encargada de planificar e promover iniciativas de formación complementaria de interés para os socios da asociación. Diseña estratexias de formación complementaria. Localiza ós formadores máis indicados para cada acción e coordina a execución dos cursos.

COMISIÓN LABORAL

Encargada de monitorizar e localizar ofertas de emprego nacionais e internacionais, e confeccionar un boletín de emprego que se envía ós socios e socias da asociación con regularidade. Mantiene unha estreita relación cos socios en búsqueda activa de emprego, e con potenciais empresas contratadóras de oceanógrafos. Promove inciatívas de promoción de emprego.

COMISIÓN DE RELACIONS INSTITUCIONAIS

Representa á asociación e os seus socios frente ás administracions públicas, entidades e empresas. Promove o establecemento de convenios de colaboración. Monitoriza e recurre cada convocatoria na que se excluie de maneira inxusta a algún perfil ou titulación de oceanógrafo.

COMISIÓN DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Promove, desenvolve e coordina accions de divulgación científica e de comunicación social da ciencia. Organiza os procesos selectivos de persoal de divulgación para as diferentes accions. Establece colaboracions con institucions e entidades relacionadas coa divulgación científica mariña.

COMISIÓN DE COMUNICACIÓN E PRENSA

Coordina a comunicación interna e de cara o exterior da asociación. Xestiona a presenza on line da asociación, tanto en web como en redes sociais. Elabora as notas de prensa da asociación, e coordina a relación cos medios de comunicación, radio, prensa e televisión.

COMISIÓN DE PROXECTOS

Monitoriza as convocatorias públicas de financiación de proxectos de transferencia, divulgación, emprendemento, etc. Diseña y promove ideas de proxecto. Desenvolve a redacción técnica dos proxectos e coordina o seu desenvolvemento.

COMISIÓN DE GRAO

É o nexo de unión entre a asociación e os estudantes de grao, futuros oceanógrafos. Mantén informados ós estudantes de inciativas do seu interese, recolle as suas inquietudes e promove accions dirixidas a eles.

COMISIÓN DE POSGRAO

Encargase de manter un contacto activo cos socios en fase de posgrao, estudantes de master e doctores. Estuda accions de interese para este colectivo, e promove unha rede de doctores como órgano consultivo da Xunta Directiva en materia científica.