17 Xul Asamblea Electoral 2019 A asociación convoca eleccións a xunta directiva para os vindeiros 2 anos

A Asociación de Oceanógrafos de Galicia convoca asamblea electoral para o vindeiro día 30 de xullo, ás 19:00 en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria, co seguinte orde do día:

1.       Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.

2.       Aprobación, se procede, das contas anuais

3.       Proceso de votación para a elección da Xunta Directiva

4.       Rogos e preguntas

Para a realización do procedemento electoral establecese o seguinte calendario:

–        Presentación de candidaturas              17 ao 23 de xullo ás 14:00

–        Publicación de candidaturas                24 de xullo

–        Periodo de campaña electoral             24 ao 29 de xullo

–        Asamblea xeral electoral                      30 de xullo

A continuación na ligazón pode descargar a convocatoria e o anexo de presentación de candidaturas:

Convocatoria Asamblea Electoral 2019