19 Xuñ A Asociación de Oceanógrafos de Galicia colabora na celebración do VI International Symposium of Marine Sciences de Vigo Coincidindo co simposio, a entidade celebrará a reunión da Federación Española de Oceanografía que preside

A Asociación de Oceanógrafos de Galicia colaborará na celebración do VI International Symposium of Marine Sciences, que esta semana reunirá en Vigo a arredor de 500 investigadores e investigadoras de 14 países.

Este gran simposio internacional aglutina por primeira vez nun mismo lugar e na mesma data a seis congresos de referencia internacional: ISMS, EOF, Siquimar, Redibal, ISC CDM e o workshop Patrimonio Cíes.

A Federación Española de Oceanografía, actualmente presidida pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia, aproveitará a celebración do ISMS en Vigo para organizar unha reunión na que se tratarán distintos asuntos, como o futuro da profesión ou a mellora do acceso das e dos profesionais ao emprego, tanto público como privado.